Mi lista de blogs

martes, 15 de marzo de 2011

9. DISPOSITIVOS DA COMUNICACIÓN.

Dispositivos de comunicación. Redes

Redes locais.

Unha rede interna, rede local ou LAN é un conxunto de ordenadores conectados entre si, coa finalidade de compartir recursos e información. Todos os ordenadores e dispositivos dunha rede están conectados fisicamente mediante un cableado que os percorre un a un; a conexión deste cable a cada ordenador depende do tipo de cable empregado, pero sempre se realiza a través da tarxeta de rede. Ademais desta tarxeta, é necesario que todos os ordenadores dispoñan do software axeitado, denominado software de rede, que permite compartir os dispositivos conectados á rede.

Topoloxía dunha rede

Tipos de rede:

Rede en anel. Trátase dunha rede pechada, na que todos os ordenadores están conectados a ela. A información circula nun sentido, polo anel, e cada ordenador analiza se el é o destinatario; se non fose así, deixará pasar a información ao seguinte, e así sucesivamente.

Rede en estrela. Os ordenadores non están unidos directamente entre eles, senón que o fan a través dun dispositivo específico. Trátase dunha rede moi estable, segura e cunha velocidade de transmisión alta.


Os dispositivos que se poden empregar para interconectar todos os ordenadores dunha rede en estrela son os seguintes:

Un concentrado ou hub; a este dispositivo chegan todos os cables da rede, un por cada ordenador e por cada dispositivo, e actúa de ponte entre eles; cando un ordenador envía información, o concentrador reenvíaa a todos, para que o destinatario a tome e o resto a desbote.

Un conmutador ou switch: ao igual que o hub, actúa de ponte entre todo os dispositivos da rede, pero, ademais, é capaz de identificar cada ordenador ou dispositivo conectado, polo que non envía a información a todos eles, senón só ao destinatario, evitando deste modo sobrecargar a rede e as colisións de datos.

Cableado dunha rede local

Cableado coaxial. Trátase dun cable que está formado por un fío condutor central, protexido das corrente eléctricas externas pola malla de cobre. Este cableado resulta económico e pode alcanzar velocidade de transmisión media; o seu conector é BNC.

Cableado UTP. Este cableado está constituído por catro pares de fío dentro dunha mesma camisa; cada par de fíos está trenzados para evitar interferencias eléctricas dos outros pares. Este tipo de cable, que resulta económico e permite alcanzar unha boa velocidade de comunicación, o seu conector é un RJ-45.

Cableado de fibra óptica. A fibra óptica transporta pulsos de luz a través de pequenas fibras de vidro, polo que non lle afectan as corrente eléctricas externas. Estes cables constan de dous fíos de fibra de vidro protexidos por fibras de Kevlar e capas de plástico. Aínda que o seu custo económico é alto, permite alcanzar velocidades de transmisión moi elevadas e a súa lonxitude pode ser moi extensa; conector ST de fibra óptica.


Redes inarámicas

Nas redes inarámicas, tamén denominadas Wifi, os usuarios conéctanse sen as limitacións que impón un cable, xa que os seus datos se transmiten polo aire; deste modo, conséguense gran liberdade de movementos.
O inconveniente é que a súa velocidade é lenta

Redes externas

Unha rede externa é un conxunto de ordenadores conectados entre si cuxa situación física pode estar en diferentes edificios, localidades e mesmo países; a este tipo de rede pertencería internet, aínda que, dade a súa amplitude, considéraselle xa como unha rede global.

Redes privadas virtuais

As redes privadas virtuais, son un tipo de redes especiais, posto que utilizan a infraestrutura dunha rede externa, pero agregan unha serie de medidas de seguridade entre os ordenadores conectados de modo que a súa comunicación poida chegar a ser privada

Conexión a través dunha liña telefónica

Modems. Os modems son dispositivos que permiten enviar e recibir información a través dunha liña telefónica convencional. Como o seu nome indica, a súa misión consiste en modular o sinal dixital do ordenador en analóxica e demoludar o sinal analóxico recibido para convertela en sinal dixital.

Tarxetas RDSI. Ademais das liñas telefónicas convencionais, hai outras denominadas RDSIS. Entre as súas vantaxes fronte ás liñas RTC destacan a velocidade de transmisión e o feito de que a información que viaxa por elas é dixital, non analóxica. Ademais, estas liñas dispoñen de varias canles, polo que a conexión a internet non impide que se poida realizar ou recibir chamas telefónicas.

Modems ADSL. As liñas ADSL permiten transferir datos a distintas velocidades, sendo sempre maior a velocidade de recepción que a de envío.

A evolución do ADSL trouxo consigo novas versións melloradas desta tecnoloxía, como son a ADSL2 e a ADSL2+, cun aumento substancial da velocidades de transferencia.

Para poder realizar conexión a través dunha liña ADSL, é necesario dispoñer dun modem especial denominado modem ADSL.

Router.Este dispositivo, permite unir ordenadores (ten conectores RJ45) coma se fose unhub ou switch. Pero esta non é a súa única función, posto que un router é capaz de buscar o camiño para poñer en contacto dous ordenadores que se queiran conectar, mesmo se estes están en distintas redes.

O router tamén se encarga de que a información que pase por el non se enviada a todos os ordenadores conectados, senón unicamente aos seus destinatarios.

Por outra parte, un router tamén é capaz de comprobar se unha ruta funciona, e no caso contrario, encontrar outra alternativa; ademais, se hai varias rutas, o router elixirá a máis rápida.

Conexión a través de cable

A conexión co cable non se establece directamente entre o usuario e o provedor (punto a punto), senón que se trata dunha conexión multipunto, na cal moitos usuarios comparten o mesmo cable, motivo polo que diminúe a taxa de transferencia a medida que se conectan outros usuarios ao mesmo cable. Para poder realizar a conexión a través de cable, ademais de dispoñer de cobertura, é necesario un modem-cable.

Aínda que un modem-cable modula/demodular a información como un modem convencional, tamén realiza funcións semellantes ás dunha tarxeta de rede.

Conexión vía satélite

A conexión vía satélite é outra alternativa para acceder a internet; en realidade, trátase dunha conexión híbrida, posto que o usuario recibe información vía satélite pero a envía por un sistema terrestre.

Esta tecnoloxía está en desuso por unha baixa velocidade fronte a outros sistemas cablear, e a súa utilización está a quedar reducida a lugares ou situacións onde por razóns xeográficas, illamento por catástrofes, insularidade, etc., non hai posibilidade de utilizar outro tipo de conexión.
Conexión por ondas radioeléctricas

De forma semellante á conexión de ordenadores nunha rede de área local inarámica, tamén é posible acceder a internet mediante ondas eléctricas, o que supón un abandono do punto de conexión específico e unha liberación en canto á mobilidade.
Unha vantaxe desta conexión é que, ademais de ter unha velocidade de transferencia alta, posibilita a mobilidade física do usuario, sen obrigalo a permanecer nun punto xeográfico concreto para realizar a conexión. Por outra parte, esta tecnoloxía permite ofrecer conexión a internet en lugares aos que non pode chegar o cable.

Conexión móbil

GSM. O siste GSM é un estándar internacional de comunicacións dixitais móbiles que utiliza o concepto de comunicación por circuítos. Nel, a voz convértese nun sinal dixital codificado ou
e é transmitida ata un terminal encargado de descodificala; os enlaces establecidos para a comunicación mantense durante o tempo que dure esta, e non poden ser utilizados simultáneamente para establecer outra comunicación. A velocidade máxima de transmisión de datos que pode alcanzarse con GSM é de 9800 bps.

GPRS. Con este sistema non é necesario dispoñer dunha canle exclusiva para cada usuario, xa que as canles poden ser compartidas. A velocidade de transmisión que se pode alcanzar é de 115 kbps, polo qu é posible transmitir voz e datos simultáneamente.

UMTS. O sistema de comunicación UTMS traballa cunha frecuencia alta (2 GHz), que posibilita unha taxa de transmisión de información de 2 Mbps. Con esta alta taxa é posible transmitir voz e datos á vez, e mesmo sinal de TV e videoconferencia. Unha característica particular do sistema UMTS é que permite estar conectado á rede de forma permanente. Tanto nos sistemas GPRS comoUMTS, a facturación non se realiza por tempo de conexión, senón por volume de datos transmitidos.






Redes de comunicación, non son máis que a posibilidade de compartir con carácter universal a información entre grupos de computadoras e os seus usuarios; un compoñente vital da era da información.
A xeneralización do ordenador ou computadora persoal (PC) e da rede de área local (LAN) durante a década dos oitenta deu lugar á posibilidade de acceder a información en bases de datos remotas, cargar aplicacións dende puntos de ultramar, enviar mensaxes a outros países e compartir arquivos, todo iso dende un ordenador persoal.
As redes que permiten todo isto son equipos avanzados e complexos. A súa eficacia baséase na confluencia de moi diversos compoñentes. O deseño e implantación dunha rede mundial de ordenadores é un dos grandes 'milagres tecnolóxicos' das últimas décadas. Obtén máis información facendo click aquí.

martes, 15 de febrero de 2011

8. DISPOSITIVOS DE ALMACENAMENTO.

-Discos magnéticos:Os discos magnéticos gardan a información en superficies (discos) de natureza magnética. Antes de poder utilizar un disco magnético, este ha de ser preparado (formatado) para que poida recibir a información; esta operación divide o disco en pistas e sectores nos que se almacenará a información.

O disco flexible, tan utilizado ata a aparición da memoria flash, era o soporte de almacenamento (magnético) que se utilizaba para transportar información dun ordenador a outro; este disco estaba provisto dunha lámina protexida por unha carcasa de plástico. Os discos flexibles máis utilizados eran os denominados disco 3 1/2 (nome que facía referencia ao seu tamaño físico en polgadas).

Hoxe en día, o representante máis importante dos discos magnéticos é o disco duro, tamén chamado disco fixo, xa que adoita estar dentro do ordenador; non obstante, isto xa non é certo de todo, posto que son frecuentes tamén os discos duros extraíbles e os discos duros externos.

Os discos duros están formados por un conxunto de discos amoreados cun eixe común; entre eles están situadas as cabezas de lectura-escritura de maneira que poidan ler e escribir nas dúas caras de cada disco.

Dependendo da tecnoloxía utilizada para a transferencia de datos, os discos duros poden ser de varios tipos; na actualidade, os máis utilizados son discos IDE (EIDE); esta tecnoloxía permite conectar hasta catro discos con capacidades de Gigabytes. Dentro deste tipo hai que falar de subtipos que se diferencian, sobre todo, na velocidade de transferencia de datos: ATA, Ultra-ATA, Ultra DMA, Ultra DMA-66, Ultra DMA100...; o último en aparecer foi o Serial-ATA.

Discos ópticos: A aparición dos discos ópticos (CD.ROM e DVD), provocou unha revolución nos sistemas de almacenamento, grazas á enorme cantidade de información, de moi distinta natureza, que poden almacenar cun custo relativamente baixo. Todos estes discos utilizan tecnoloxía óptica (láser).

-CD-ROM: O CD-ROM (Compact Disk-Read Only Memory), como o propio nome suxire, contén información que só poden ser lidos, polo que se usa para almacenar informacións que non ten que ser cambiado, esta característica, combinada coa súa gran habilidade e información gravadas que poden ser de distintos tipos (audio, vídeo, fotos ...), facer o CD-ROM un soporte ideal para enciclopedias, xogos, programas interactivos, etc. Información dun CD-ROM é almacenado por unha banda, ao longo dunha espiral única pista que comeza no centro do disco e remata no bordo exterior, esta banda está dividida en sectores.

-CD grabables e discos regrabables: as gravadoras de CD-ROM permiten gravar, en discos virxes, a información desexada de forma permanente; a devandita información só poderá lerse e nunca poderá ser modificada. Aos discos grabablesdenomínaselles, tecnicamente, discos WORM (Write-Once, Read-Many) e identifícaselles mediante siglas CD R. Ademais, hai outros discos que poden ser gravados varias veces, borrando en cada gravación a información que existira con antelación; a estes discos identifícaselles coas siglas CD RW (re Writable).

DVD-ROM: Os discos DVD (Dixital Video Disc) son, fisicamente, semellantes ás CD-ROMS, pero a súa capacidade é moito maior (varios GB, teoricamente hasta 17GB). Esta capacidade conséguea aumentando a densidade de escritura aproveitando as dúas caras do disco e almacenando, en cada cara, información en varias caras superpostas.

A pesar de que a tecnoloxía utilizada nestes discos é análoga á das CD-ROMS, o seu láser é distinto. Este feito fai que unha mesma unidade non poida ser utilizada para ler ambos os dous tipos de discos; aínda que, na práctica, a maioría dos fabricantes incorporan, nas súas unidades lectoras de DVD, un segundo láser que permite a lectura de CD-ROM.

DVD grabables y regrabables: Ao igual que aconteceu coas CD-ROMS, tanto os discos coma as unidades lectoras de DVD evolucionaron ata ofrecer a posibilidade de gravar e regravar información neles. Non obstante, hai varios formatos no mercado que non chegaron a unificarse, e que non son compatibles entre si.


*DVD-R: discos que permiten unha soa gravación; poden ser dunha capa (4,7 GB) ou de dobre capa (8,5 GB).




*DVD-RW: discos que permiten ser gravado varias veces; tamén poden ser de capa simple ou de dobre capa.




*DVD+R: discos dun só uso, similar aos DVD-R, pero, segundo os seus creadores, con máis compatibilidade respecto a DVD-ROM eDVD vídeo convencionais.




*DVD+RW: discos regrabables similares aos DVD+R; ao igual que todos os anteriores, poden ser de capa simple (4,7GB) ou de dobre capa (8,5GB).



HD DVD e Blue-ray: a evolución dos disco DVD trouxo dous novos discos ópticos, denominados Blue-ray e HD DVD, cuxo aspecto físico é análogo aos seus predecesores (12 cm de diámetro) pero cunha capacidade de almacenamento bastante superior. Aínda que os dous están baseados na mesma tecnoloxía láser, hai diferenzas técnicas entre eles.




Ambos os dous discos están concibidos para almacenar vídeos de alta definición e datos; na actualidade libérase unha guerra entre as casas comerciais que os apoian para ver cal dos formatos consigue impoñerse no mercado.




Discos magneto-ópticos: Estes discos utilizan unha tecnoloxía mixta: magnética e óptica. A súa gran vantaxe é que permiten almacenar unha gran cantidade de información mediante a técnica óptica, pero, ademais, os datos poden ser modificados e borrados grazas á tecnoloxía magnética.


A superficie dun disco magneto-óptico esta constituída por unha aliaxe de metal cristalino sobre unha superficie de aluminio (encargada de reflectir posteriormente o láser); ambas as dúas están situadas entre dúas capas de plástico que as protexen.

Á hora de gravar ou modificar información, o láser quenta unha pequena porción de superficie da aliaxe cristalina, liberando liberando aos cristais o suficiente para permitirlles o movemento.

Dispositivos de almacenamento baseados en memoria flash:    Adoita conectarse a un porto USB, dende o cal obteñen a enerxía eléctrica suficiente para o seu funcionamento.As características máis sobresaíntes destes dispositivos son o seu reducido tamaño e a non necesidade dunha pila ou batería que subministre enerxía á memoria para manter a gravación. Iso si, a vida dunha memoria flash non é indefinida: cífranse 100 000 e 1 000 000 as veces que se poderá gravar información nela.

Funcionamento da memoria flash

Como calquera outra memoria, a memoria flash está constituída por celas nas que se garda a información que se quere almacenar. Cada cela é como un transistor convencional, pero cunha porta adicional que é a encargada da carga de información. A memoria flash non é unha memoria RAM, posto que ese caso necesitaría enerxía de forma permanente para non perder os datos.

A causa de que non sexa perpetua está, no desgaste que sofre cada cela ao gravar e borrar a súa información. Outra curiosidade é que o borrado de información se realiza cunha subministración elevada de corrente eléctrica, polo que resulta un proceso lento

Blu-ray: Os discos Blu-Ray veñen a representar a última tecnoloxía de almacenamento co que podemos ter en calquera momento. Estes discos ópticos deben ser similares a DVD ou CD, este en termos de aparencia física, pois en todos estes casos ten un diámetro de 12 centímetros, que se converte na medida estándar para a caixa de entrada do dispositivo correspondente . O Blu-Ray xa superou todos os dispositivos similares que o antecederon, incluíndo neles o HD-DVD. Normalmente, unha capa de Blu-Ray pode almacenar uns 25 GB de información, de discos ópticos con esta tecnoloxía á disposición de catro capas e, polo tanto, debe almacenar 100 GB de datos total. A actual velocidade de transferencia de datos con eses discos chega a 36 Mbps, analizando a posibilidade de aumentar esta taxa a preto de 82 Mbps. A superficie constituído polo Blu-Ray é resistente a todo tipo de riscos, debido a un material chamado Durabis que vén da última capa de protección física deses discos.

O nome foi dado é, en realidade, porque ten a capacidade de almacenar información a través do dispositivo que emite unha luz láser contén azul ou violeta.


Dispositivo de almacenamento: é todo aparato que se utilice para gravar os datos da computadora de forma permanente ou temporal. Unha unidade de disco, xunto cos discos que grava, é un dispositivo de almacenamento. Ás veces dise que unha computadora ten dispositivos de almacenamento primarios (ou principais) e secundarios (ou auxiliares). Cando se fai esta distinción, o dispositivo de almacenamento primario é a memoria de acceso aleatorio (RAM) da computadora, un dispositivo de almacenamento permanente pero cuxo contido é temporal. O almacenamento secundario inclúe os dispositivos de almacenamento máis permanentes, como unidades de disco e de fita. Para máis información facer click aquí.


Discos magnéticos.
Discos magneto-ópticos.
Discos ópticos.















Blu-ray



USB




martes, 8 de febrero de 2011

7. Dispositivos de entrada e saída.

Dispositivos de entrada:


 -Rato: Este dispositivo permite transmitir información ao ordeador de dous modos: desprazándoo por unha superficie  para provocar o movemento do seu indicador na pantalla, pulsando os seus botóns para realizar certas accións en función de onde esté colocado o indicador.

-Teclado: É o modo máis frecuente de introducir información no ordeador.

-Lectores de código de barras: Un lector de códigos de barras é un dispositivo capaz de ler e interpretar dicha secuencia de barras, permitindo ao ordeador identificar o producto.

-Escáner: É un dispositivo que permite introducir información dende documentos en papel.

-Joystick: O principal campo de aplicación de este dispositivo son os xogos; introduce no ordeador os movementos efectuados sobre a súa palanca e algunhas ordes mediante a pulsación dalgún botón. Tamén se emprega como mecanismo de desplazamento en entornos tridimensionais.

-Tabletas dixitalizadoras:  Estos taboleiros empréganse para realizar debuxos e gráficos con gran precisión; son frecuentes en aplicacións de debuxo.

-Lectores de bandas magnéticas: A utilizacion de bandas magnéticas esta cada vez máis extendida. Os lectores de banda magnética son dispositivos capaces de ler a información grabada en dicha banda.

-Pantallas táctiles: Ademáis de mostrar a información, as pantallas táctiles ofrecen a posibilidade de introducir información con solo situar un dedo na súa superficie.

-Tablet PC: Os Tablet PC constituén a última evolución dos portátiles ou das PDA, con tamaños intermedios entre ambos; solen ter unha pantalla de 10" que serve para introducir datos, de forma semellante a como se fai nunha PDA.

-Cámaras dixitales: É un dispositivo que permite introducir tanto imáxenes como vídeos no ordeador. Estas imáxenes poden ser descargadas no ordeador para ser manipuladas e as cámaras dixitales de vídeo , que, ademáis de ofrecer a posibilidade de transferir as súas grabacións dixitales ao ordeador para que sean editadas, poden ser empregadas para transmitir imáxenes en tempo real.

-Micrófono: Éste instrumento clásico pode ser tamén empregado como dispositivo de entrada, sempre e cando se dispoña dunha tarxeta de sonido no ordeador. Tamén permite, co software específico de recoñecemento de voz, dictar o contido dun documento ou dar ordes ao ordeador.




Dispositivos de saída:


Monitoreseste dispositivo, imprescindible para o ordenador, permite visualizar o resultado da información procesada; pero, ademais, o ordenador utilízao para mostrar ao usuario as mensaxes e as opcións que lle permitirán a este tomar decisións.


    -Monitores convencionais (CRT): o seu funcionamento baséase na utilización dun tubo de raios catódicos que envía, dende o fondo cara á pantalla, unha corrente de electróns que ao chocar cunha superficie de material fosforescente situada na parte interior da pantalla, a ilumina, formándose as imaxes.


    -Pantallas planas de cristal líquido (LCD): estes monitores, evolucionados das pantallas de calculadoras e portátiles, utilizan millóns de celas de cristal líquido que se polarizan e permiten o paso de determinados raios, que compoñen a imaxe no monitor.


    -Pantallas planas (TFT):están constituídas por unha matriz de millóns de puntos; cada punto é un transistor que actúa de forma independente, coa súa cor, brillo, ton, etc., e o conxunto de todos eles forma unha imaxe de alta calidade.


    -Monitores de plasma: trátase tamén de monitores planos, habitualmente de grandes dimensións, baseados na utilización dun gas (plasma) que, en cada un dos puntos (pixeis) da pantalla, adquire a cor, o brillo, etc., necesarios para conformar a imaxe.




Impresoras: as impresoras permiten obter información imprimida en distintos soportes físicos: papel, transparencia, etc.


     -Impresoras de margarita ou matriciales:estas impresoras, xa en desuso, baseaban a impresión no golpeo sobre unha fita impregnada de tinta que, ao tomar contacto co papel, marcaba nel a información.


     -Impresoras térmicas: este tipo de impresoras basea o seu funcionamento na tinguidura do papel mediante un proceso térmico; adoitan ser impresoras de cor, de custo económico non moi alto. Empréganse, sobre todo, para imprimir billetes.


     -Impresoras láser:utilizan unha tecnoloxía similar á das fotocopiadoras. Son bastante máis rápidas e permiten obter resultados de alta calidade; cada vez son máis frecuentes as impresoras láser de cor.


     -Impresoras de chorro de tinta:dada a súa boa relación calidade/prezo, estas son as máis utilizadas entre os usuarios dos ordenadores persoais.Trátase de impresoras de cor que obteñen a impresión pola inxección de tinta líquida a través dos cabezais.




Plotter: Trátase dun dispositivo que se utiliza nas aplicacións de deseño asistido por ordenador, xa que permite imprimir planos, debuxos técnicos, mapas, deseños industriais... cunha excelente calidade.


Un plotter está constituído por un brazo robótico, en cuxo extremo se encontra unha plumiña; a gran diferenza respecto ás impresoras é que realiza debuxos con trazos continuos, conseguindo asi figuras de gran calidade. Outra característica do plotter é que, a diferenza da impresora, pode empregar papel de grandes dimensións.


Microfilme COM (Computer Output in Microfilm): as páxinas de información son fotografadas mediante unha cámara especial e transfórmase en imaxes de 1,5 centímetros cadrados, que posteriormente son agrupadas en fichas ( cada unha destas fichas contén aproximadamente 100 imaxes). Para poder ler a información dunha ficha necesítase un lector de microfichas, que proxecta unha imaxe ampliada dela nunha pantalla.









Frecuencia e resolución dun monitor:




Frecuencia dun monitor:  Unha característica importante dun monitor é a súa frecuencia (Hz), que indica o número de veces que mostra as imaxes nun segundo; un valor baixo de frecuencia supoñerá que a imaxe vibre e que a vista teña que esforzarse máis do habitual (cansazo visual).


Resolución dun monitor: A resolución dun monitor depende do número de puntos (pixeis), que se obtén como número de liñas (filas) polo número de pixeis de cada unha delas (columnas); ademais, o número de cores tamén inflúe na calidade da imaxe. Os dous parámetros anteriores obrigan a que tanto a tarxeta de vídeo coma o monitor sexan compatibles porque, pola contra, a imaxe non se vería ou sairía deforme.


A resolución dun monitor indícase utilizando a seguinte nomenclatura: 1024 x 768, que ha de interpretarse como 1024 columnas e 768 filas; nese caso a imaxe terá 786.432 pixeis.Por outra parte para que unha imaxe se mostre cun número determinado de cores, necesítase unha cantidade de bits que dean a información de cada pixel.


Os dispositivos de Entrada e Saída permiten a comunicación entre a computadora e o usuario.

En primeiro remato falaremos dos dispositivos de entrada, que como o seu nome o indica, serven para introducir datos (información) á computadora para o seu proceso. Os datos lense dos dispositivos de entrada e almacénanse na memoria central ou interna.

Os dispositivos de entrada converten a información en sinais eléctricos que se almacenan na memoria central. Os dispositivos de entrada típicos son os teclados, outros son: lapis ópticos, pancas de mando (joystick), CD-ROM, discos compactos (CD), etc. Hoxe en día é moi frecuente que o usuario utilice un dispositivo de entrada chamado rato que move un punteiro electrónico sobre unha pantalla que facilita a interacción usuario-máquina. Para máis información facer click aquí.