Mi lista de blogs

martes, 8 de febrero de 2011

7. Dispositivos de entrada e saída.

Dispositivos de entrada:


 -Rato: Este dispositivo permite transmitir información ao ordeador de dous modos: desprazándoo por unha superficie  para provocar o movemento do seu indicador na pantalla, pulsando os seus botóns para realizar certas accións en función de onde esté colocado o indicador.

-Teclado: É o modo máis frecuente de introducir información no ordeador.

-Lectores de código de barras: Un lector de códigos de barras é un dispositivo capaz de ler e interpretar dicha secuencia de barras, permitindo ao ordeador identificar o producto.

-Escáner: É un dispositivo que permite introducir información dende documentos en papel.

-Joystick: O principal campo de aplicación de este dispositivo son os xogos; introduce no ordeador os movementos efectuados sobre a súa palanca e algunhas ordes mediante a pulsación dalgún botón. Tamén se emprega como mecanismo de desplazamento en entornos tridimensionais.

-Tabletas dixitalizadoras:  Estos taboleiros empréganse para realizar debuxos e gráficos con gran precisión; son frecuentes en aplicacións de debuxo.

-Lectores de bandas magnéticas: A utilizacion de bandas magnéticas esta cada vez máis extendida. Os lectores de banda magnética son dispositivos capaces de ler a información grabada en dicha banda.

-Pantallas táctiles: Ademáis de mostrar a información, as pantallas táctiles ofrecen a posibilidade de introducir información con solo situar un dedo na súa superficie.

-Tablet PC: Os Tablet PC constituén a última evolución dos portátiles ou das PDA, con tamaños intermedios entre ambos; solen ter unha pantalla de 10" que serve para introducir datos, de forma semellante a como se fai nunha PDA.

-Cámaras dixitales: É un dispositivo que permite introducir tanto imáxenes como vídeos no ordeador. Estas imáxenes poden ser descargadas no ordeador para ser manipuladas e as cámaras dixitales de vídeo , que, ademáis de ofrecer a posibilidade de transferir as súas grabacións dixitales ao ordeador para que sean editadas, poden ser empregadas para transmitir imáxenes en tempo real.

-Micrófono: Éste instrumento clásico pode ser tamén empregado como dispositivo de entrada, sempre e cando se dispoña dunha tarxeta de sonido no ordeador. Tamén permite, co software específico de recoñecemento de voz, dictar o contido dun documento ou dar ordes ao ordeador.




Dispositivos de saída:


Monitoreseste dispositivo, imprescindible para o ordenador, permite visualizar o resultado da información procesada; pero, ademais, o ordenador utilízao para mostrar ao usuario as mensaxes e as opcións que lle permitirán a este tomar decisións.


    -Monitores convencionais (CRT): o seu funcionamento baséase na utilización dun tubo de raios catódicos que envía, dende o fondo cara á pantalla, unha corrente de electróns que ao chocar cunha superficie de material fosforescente situada na parte interior da pantalla, a ilumina, formándose as imaxes.


    -Pantallas planas de cristal líquido (LCD): estes monitores, evolucionados das pantallas de calculadoras e portátiles, utilizan millóns de celas de cristal líquido que se polarizan e permiten o paso de determinados raios, que compoñen a imaxe no monitor.


    -Pantallas planas (TFT):están constituídas por unha matriz de millóns de puntos; cada punto é un transistor que actúa de forma independente, coa súa cor, brillo, ton, etc., e o conxunto de todos eles forma unha imaxe de alta calidade.


    -Monitores de plasma: trátase tamén de monitores planos, habitualmente de grandes dimensións, baseados na utilización dun gas (plasma) que, en cada un dos puntos (pixeis) da pantalla, adquire a cor, o brillo, etc., necesarios para conformar a imaxe.




Impresoras: as impresoras permiten obter información imprimida en distintos soportes físicos: papel, transparencia, etc.


     -Impresoras de margarita ou matriciales:estas impresoras, xa en desuso, baseaban a impresión no golpeo sobre unha fita impregnada de tinta que, ao tomar contacto co papel, marcaba nel a información.


     -Impresoras térmicas: este tipo de impresoras basea o seu funcionamento na tinguidura do papel mediante un proceso térmico; adoitan ser impresoras de cor, de custo económico non moi alto. Empréganse, sobre todo, para imprimir billetes.


     -Impresoras láser:utilizan unha tecnoloxía similar á das fotocopiadoras. Son bastante máis rápidas e permiten obter resultados de alta calidade; cada vez son máis frecuentes as impresoras láser de cor.


     -Impresoras de chorro de tinta:dada a súa boa relación calidade/prezo, estas son as máis utilizadas entre os usuarios dos ordenadores persoais.Trátase de impresoras de cor que obteñen a impresión pola inxección de tinta líquida a través dos cabezais.




Plotter: Trátase dun dispositivo que se utiliza nas aplicacións de deseño asistido por ordenador, xa que permite imprimir planos, debuxos técnicos, mapas, deseños industriais... cunha excelente calidade.


Un plotter está constituído por un brazo robótico, en cuxo extremo se encontra unha plumiña; a gran diferenza respecto ás impresoras é que realiza debuxos con trazos continuos, conseguindo asi figuras de gran calidade. Outra característica do plotter é que, a diferenza da impresora, pode empregar papel de grandes dimensións.


Microfilme COM (Computer Output in Microfilm): as páxinas de información son fotografadas mediante unha cámara especial e transfórmase en imaxes de 1,5 centímetros cadrados, que posteriormente son agrupadas en fichas ( cada unha destas fichas contén aproximadamente 100 imaxes). Para poder ler a información dunha ficha necesítase un lector de microfichas, que proxecta unha imaxe ampliada dela nunha pantalla.









Frecuencia e resolución dun monitor:




Frecuencia dun monitor:  Unha característica importante dun monitor é a súa frecuencia (Hz), que indica o número de veces que mostra as imaxes nun segundo; un valor baixo de frecuencia supoñerá que a imaxe vibre e que a vista teña que esforzarse máis do habitual (cansazo visual).


Resolución dun monitor: A resolución dun monitor depende do número de puntos (pixeis), que se obtén como número de liñas (filas) polo número de pixeis de cada unha delas (columnas); ademais, o número de cores tamén inflúe na calidade da imaxe. Os dous parámetros anteriores obrigan a que tanto a tarxeta de vídeo coma o monitor sexan compatibles porque, pola contra, a imaxe non se vería ou sairía deforme.


A resolución dun monitor indícase utilizando a seguinte nomenclatura: 1024 x 768, que ha de interpretarse como 1024 columnas e 768 filas; nese caso a imaxe terá 786.432 pixeis.Por outra parte para que unha imaxe se mostre cun número determinado de cores, necesítase unha cantidade de bits que dean a información de cada pixel.


Os dispositivos de Entrada e Saída permiten a comunicación entre a computadora e o usuario.

En primeiro remato falaremos dos dispositivos de entrada, que como o seu nome o indica, serven para introducir datos (información) á computadora para o seu proceso. Os datos lense dos dispositivos de entrada e almacénanse na memoria central ou interna.

Os dispositivos de entrada converten a información en sinais eléctricos que se almacenan na memoria central. Os dispositivos de entrada típicos son os teclados, outros son: lapis ópticos, pancas de mando (joystick), CD-ROM, discos compactos (CD), etc. Hoxe en día é moi frecuente que o usuario utilice un dispositivo de entrada chamado rato que move un punteiro electrónico sobre unha pantalla que facilita a interacción usuario-máquina. Para máis información facer click aquí.

No hay comentarios:

Publicar un comentario